Saltar ao contido

St Martin-in-the-Fields

St Martin-in-the-Fields
Datos xerais
PaísReino Unido
AdvocaciónSan Martiño de Tours
LocalizaciónLondres
Coordenadas51°30′32″N 0°07′37″O / 51.508888888889, -0.12694444444444
Culto
CultoIgrexa anglicana
DioceseDiocese anglicana de Londres
Arquitectura
Construción17211726
Estiloneoclásico
Páxina webPáxina web oficial
editar datos en Wikidata ]

St Martin-in-the-Fields é unha igrexa anglicana situada na esquina nordeste da Trafalgar Square, na cidade de Westminster, Londres. Está dedicada a san Martiño de Tours.

O edificio actual foi construído entre 1721 e 1726, en estilo neoclásico, polo arquitecto James Gibbs. O seu deseño foi bastante criticado na súa época, pero posteriormente fíxose famoso e foi copiado frecuentemente nos Estados Unidos.[1]

E, na India, St Andrew's Church, no barrio Egmore de Chennai (Madrás), é unha copia desta igrexa.[2]

Pola súa situación destacada, St Martin-in-the-Fields é unha das igrexas máis famosas de Londres. Tamén é coñecida polo seu traballo en favor das persoas sen fogar, a través do seu centro The Connection at St Martin-in-the-Fields.[3]

Nesta igrexa sir Neville Marriner deu en 1956 ps seus primeiros concertos de música barroca coa súa Academy of St Martin in the Fields.[4]

  1. Sheppard, Francis (1998). London: A history. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1982-2922-4. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  2. St. Andrew's Church[Ligazón morta] (en inglés).
  3. Sitio web de The Connection at St Martin-in-the-Fields
  4. Massagué, Rosa / (2 de outubro de 2016). "Muere Neville Marriner, la gran batuta de la música barroca". El Periódico. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]